Foro Doblepenalti.com  


Retroceder   Foro Doblepenalti.com > Equipos de futbol sala > Santiago Fútsal

Respuesta
 
Herramientas Desplegado
Antiguo 30-ago-2008, 15:08   #11
Compostelán
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: diciembre-2004
Mensajes: 4,049
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Cita:
Empezado por Sauliño9 Ver Mensaje
Primeiro eu entendo que non teñas moza(non sei eh jaja) pero cando a tes,te das de conta de que non solo che gustan as cancion con "visceras",senon que o cansino que son as mulleresn cas cancions de amor,fai que o final acaben gustandoche.Un exemplo practico: Os 40Principais,cantas veces non che gustaba unha cancion e de escoitala mil veces na radio acabouche gustando,pois pa mi é o mesmo..jajaja
Discrepo bastante (dios, que ganas tiñas dun debate-tertulia musical!!!!). Pouco ten que ver unha cousa con outra. Sempre preferín a Nacho Vegas que a Ismael Serrano, e a Leonard Cohen que a Sinatra (aínda recoñecendo a xenialidade da voz). Pode que inflúa que a miña moza sempre prefiriu tamén a Nacho e a Cohen dende que eu llos din a coñecer (personalmente dubidoo, levo tanto tempo escoitando música que pouca xente hai que poida realmente facer que me guste algo que non me gusta, ou o reves), ou simplemente que as cancións sexan netamente superiores (a música nace de onde nace, meu), aínda que máis difíciles de escoitar o principio (ea, toma sobrada. Por suposto xD).
Do mesmo modo que hai quen se sinte, por exemplo, moi cómodo no Casino e demáis "locais con clase" (sin que esto teña nada que ver co antes dito, son exemplos independientes). Ou en grandes discotecas as que non podes entrar en tenis. Eu síntome fora de lugar, sempre fun máis de pequenas tascas, zuliños onde non entra aire nin luz. Eu sonche máis do Tarasca, do Avante, das Crechas, e cando baixo a zona nova case sempre é para ir o Gasteiz ou a Cova da Vella (só entresemana, e por tanto dende que traballo xa pouco, que esoa partires do venres está cheo de chavalería prepuber). Iso sí, se fai falta, vou a eles con traxe. Ou do mesmo modo que me interese máis ler a Bukowski, Hemminway ou Houllebequ que a Simenon, Muñoz-Molina ou Paul Auster, sin que iso signifique que envidie a vida dos seus personaxes, evidentemente.
Bueno, agora xa totalmente en serio, e volvendo o debate: SPNB é unha canción que non me dí nada, e musicalmente deixame frío. E non se trata do tema. Hai maneiras de facer cancións de amor (oes, sepa vostede que teño a LBV coma un dos grupos de cabecera, xa me contará. E xa o tiña antes de ter moza, engado) con menos, por dicir así, simpleza. E podería poñer grandes exemplos (por exemplo, recomendote escoitar "Corrientes circulares en el tiempo" ou "De viaje" de Los Planetas, "There is a light" de The Smiths ou "Pictures of you" de The Cure. E xa non digamos o grande entre os grandes: "I´m your man", de Leonard Cohen. Lovesongs de categoría, que non deixan de ser melosas ata onde teñen que selo) pero é que o propio Iván deixao patente con Mrs (ou a excelente versión, insisto, do Abrázame de Julio Iglesias).
Resumindo, que evidentemente, para gustos cores, e para cores flores... pero na miña opinión, coido que poñer a SPNB coma un dos momentos culminantes do "Canciones para el tiempo y la distancia" é facerlle un flaco favor o disco.
Sobre Turnedo, estou dacordo, pareceme a millor do disco con diferencia.
Sobre "Ciudadano A", non había pensado así. Pode ser, aínda que me gustaría máis que fose unha pequena pulla a un do mundillo indie, coma os casos que cito antes. Gustame moito o fuego cruzado protagonizado así, en plan salsa rosa, sí, pero gustame :P.
Eu tiña aquela teoría por un par de frases:
- "que mi enojo el día que yo ví lo miserable que podías ser" (eso pareceume que era algo máis personal, hacia unha persona que coñecía).
En xeral, toda a primeira parte da canción dame esa sensación, pero é certo que a segunda encaixa máis ben coa túa frase. A verdade, nin o había pensado, pero sí, encaixa.
A outra frase que me incitou a pensar no primeiro foi a derradeira, "todo lo que nunca tendré", que parece quer dicir que alguén alcanzou algo que él non aspira.

PD: Camareiro, unha ronda para todos do máis barato que teñas, invito eu, que estes pequenos debates hai que acompañalas de alcohol e tabaco. :P
__________________

Última edición por Compostelán fecha: 30-ago-2008 a las 18:34
Compostelán esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 31-ago-2008, 00:06   #12
DJALMA8
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: enero-2005
Mensajes: 3,003
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Beber sí, pero un electricista en condicións non hai en Santiago...

Ó fío do tema: a min tamén me gustan as tascas escuras e nas que entre pouco aire

Camarero!
Qué?
Camarero!
Qué?
Unha de vodka!
Vodkando en el baúl de los recuerdos, uhhh
__________________
DJALMA8 esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 31-ago-2008, 00:17   #13
irmandiño
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: noviembre-2006
Ubicación: Santiago de Compostela
Mensajes: 1,926
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Cajonaputa, unha hora e pico perdida pintando a mona, e pra iso saio con tanta presa de San Lázaro!!! Vaia panda de cómicos hoxe, que si a luz, que si o marcador e mañan inda por riba gratis, a min non é que me importe pero a xente que hoxe pagou a entrada halle de importar algo. En fin, mañá a ver como acaba todo e esperemos que entre a boliña que hoxe válgame por deus...
__________________
irmandiño esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 31-ago-2008, 05:01   #14
Compostelán
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: diciembre-2004
Mensajes: 4,049
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Cita:
Empezado por irmandiño Ver Mensaje
Cajonaputa, unha hora e pico perdida pintando a mona, e pra iso saio con tanta presa de San Lázaro!!! Vaia panda de cómicos hoxe, que si a luz, que si o marcador e mañan inda por riba gratis, a min non é que me importe pero a xente que hoxe pagou a entrada halle de importar algo. En fin, mañá a ver como acaba todo e esperemos que entre a boliña que hoxe válgame por deus...
Pois a verdade eche de risa, para que imos a enganarnos (a outra opción eche chorar).
A verdade é que a solución de aplazalo era a única, pero vamos, que o de poñelo gratis sí que lle debe sentar ben de carallo aos non socios que pagaron a súa entrada. Supoño que será dificil facer outra cousa (moita xente, supoño, tirará a entrada o entrar o pabillón, valga a redundancia), pero vamos...
Total, que eu remato de chegar a casiña, mañá vou a ter resaca e dame que non vou ir o partido (non che son tan sacrificao). E mentres tanto, todo quisque vendoo, e de gratís. Que vamos a ver, se non vou e por que non quero, pero rabia da de carallo...
Cita:
Beber sí, pero un electricista en condicións non hai en Santiago...
É que esta é ciudad santa, e como tal santificamos non só o Domingo, senón todo o fin de semana... electricistas incluídos :P

PD: Todos menos eu, que son o pringado de turno que traballa un de cada dous sábados...
__________________
Compostelán esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 31-ago-2008, 10:13   #15
irmandiño
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: noviembre-2006
Ubicación: Santiago de Compostela
Mensajes: 1,926
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Camarero póñalle un vaso de auga cunha aspirina a Compos a ver se lle pasa a resaca e pode ir ao partido, que pago eu.

Conste que non é tanto sacrificio.... Pra min un café con leite e un croissant.
__________________
irmandiño esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 31-ago-2008, 17:16   #16
Sauliño9
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: noviembre-2006
Mensajes: 1,511
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Buhhh!!COMPOS non che teño ganas de discutir,xa discutin onte bastante jaja..non pretendo cambiarche os gustos musicales,nin que mos cambien a min pero o mellor de tanto escoitar acaba gustandoche..si eu lle poño a Tracy Chapman a miña moza,que esa musica lle vai pouco e non lle gusta,a cancion de "talking about a revolution"(por certo cha recomendo,xa que estamos) e agora non para de escoitala..somos os humanos asi..

Eletricistas hay a jodelos en Santiago sobre todo os que saben cal é o toma de tierra pero camareros que flambeen,trinchen e desespiñen en Burela,hai poucos..jjajaja

Burelao!!!ti sabes o que fan mil negros nun huracan??????Un colacao turboo jajajajajajaja
__________________
Sauliño9 esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 31-ago-2008, 20:41   #17
Compostelán
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: diciembre-2004
Mensajes: 4,049
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Home Sauliño, non me jodas, é que Tracy Chapman... é como falar de Leonard Cohen, de Janis Joplin ou de Aretha Franklin, dos magos do Chelsea Hotel. Eso son palabras maiores. Eu son da teoría de que algúns artistas gustan a todo o que esté disposto a prestar atención sincera a súa obra, e esta xente, que foi quen de revolucionar o pop e o rock dende o jazz, do soul e da tradición folk americana (os primeiros iniciando a revolución, os segundos recollendo o testigo e dándolle continuidade cando parecía estar a piques de morrer), como non vai ser quen de... bueno, mira, da igual, nin íamos a chegar a un acordo o respecto, nin creo que sexa quen de explicarme para que entendas o que quero dicir.
Polo demáis, diría que non quero discutir, pero o certo é que (por aquí algún sabeo ben) se algo me gusta a min é discutir do que sexa (e si é de música, ou de cine, que son as pasións que teño, millor. Casi todo o que sei desto é por explorar, e case todas as miñas ampliacións do campo de batalla comezan cunha discusión, ou pequeno debate), así que non o tomes a mal, meu home, é que o levo na sangue.
O que sí quería dicir, e con esto remato o tema, é que cando escoitas moito unha canción, poden pasar 3 cousas: podes aburrirte dela rápido, pode rematar gustándoche máis ou pode non suceder nada en absoluto. Pois ben, para mín, SPNB non é unha desas cancións de longo recorrido (no meu caso, no teu esta claro que sí o foi. Bueno, a música é bastante persoal, iso sí o teño que recoñecer). Do mesmo xeito que no meu caso Tracy e "Talkin about revolution" sí que o foron, dende logo, pero tamén cancións menos brillantes, coma "All the way to Reno", que non se encontra entre o millor, musicalmente falando, de REM. O que vou eu é que, tódas esas cancións, sí parten da base dunha certa atracción inicial, e coas escoitas poden pasar a convertirse en cancións de referencia, sí. Pero nunca me pasou que unha canción que de entrada me causase rechazo, rematase por gustarme realmente. E por iso podo dicir, dende xa, que SPNB nunca me chegará a parecer unha das millores cancións deste disco.
Ale, dito o que tiña que dicir, xa paro, descoidade.

Poñame un café con leite, camarero, que non teño o corpo para outra cousa.
__________________
Compostelán esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 02-sep-2008, 16:45   #18
Compostelán
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: diciembre-2004
Mensajes: 4,049
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Bueno, fai uns días falaba de que a Capitol tiña boa pinta este ano, e do concerto de dEUS. Pois a programación comeza máis forte do que pensaba, e vai a haber que seleccionar a qué concertos ir e deixar algúns fora (esto non me había pasado na vida nesta cidade. Por suposto, aí no-las den todas), por que o 4 de Outubro veñen nin máis nin menos que The Posies, un dos grandes mitos do Power Pop de finais dos 80-principios dos noventa, e que en directo eu os vin xa unha vez e son tremendos, aínda que tocaran cancións dos derradeiros discos que eu non coñecía apenas. Ademáis este ano están basando a súa xira no "Frosting On The Beater", do 92 ou 93, non recordo, o seu millor disco, así que poderemos recuperar a ocasión perdida de velos no seu día, no seu millor momento.
Este sí, da igual que os coñezades ou non: concerto de obligada asistencia, facédeme caso.
Da axenda de tempada hai pouco que se sepa, só retales que se van sacando, pois a Sala non a deu a coñecer, pero ten unha pinta impresionante polo que se vai sabendo:

25-SEP: The Adicts
4-OCT: The Posies
9-OCT: Josele Santiago
23-OCT: dEUS
7-NOV: Sr Chinarro
11-DIC: Gogol Bordello
17-DIC: Asian Dub Foundation

Joder, non recordo un ano así, mimadriña, que ven o vou pasar de aquí a decembro (si é que chegan os cartos para todo, claro).
__________________
Compostelán esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 03-sep-2008, 13:51   #19
Sauliño9
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: noviembre-2006
Mensajes: 1,511
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

COMPOSTELAN!!si que che entendo,e tamen vexo que tes mais cultura musical ca min pero queria foderche un pouquiño jaja Janis Joplin,Leonard Cohen como Tracy Chapman son palabras maiores si,pero miña moza lle gusta desde El Canto del Loco,Alex Obajo,pasando polo techno de Richy Hawtin,Jeff Mills e acabando por Dylan,The Police o The Eagles.Supoño que con eso cho digo todo jajaja

O que estabamos a falar,ao final o disco de "Canciones para el tiempo y la distancia",gustouche non?? Lo unico que malo que le salio a Ivan fue lo de Laboratorio Ñ,una iniciativa que intento hacer juntando a musicos españoles y argentinos en un estudio de Buenos Aires para componer canciones entre todos.Digo que le salio mal porque entre los artistas invitados estaban Xoel Lopez,Kike Gonzalez,Ruben,Leiva,Eva Amaral,Juan Amaral,Andres Calamaro,Bersuit,Superatones,Lisandro Aristimuño..e segun él los argentinos pasaron mucho de todo.

Pois agora meu,escoita el disco "Las siete y media",a ver que che parece e me comentas??jejeje

Oye!!quen fai unhas ameixas a mariñeira,que teño gana delas???jajajaja

P.D:Xa que estamos vouche poñer a proba,deixoche un videoclip de Turnedo.Ao final tanto Ivan como Amaro,seu irman fan unhas versios,amigo COMPOS a ver si sabes cales son??creo que vanche gustar.jaja

http://www.youtube.com/watch?v=4pDEl...eature=related
__________________

Última edición por Sauliño9 fecha: 05-sep-2008 a las 17:07
Sauliño9 esta offline   Responder Con Cita
Antiguo 08-sep-2008, 09:38   #20
irmandiño
Senior Member
Member
 
Fecha de Ingreso: noviembre-2006
Ubicación: Santiago de Compostela
Mensajes: 1,926
Predeterminado Re: "A Taberna Lobellista" Unhas Estrellas???

Quedades todos invitados a unhas vieras no Toñi Vicente, pra que despois digades que non me porto jeje. Menos mal que nunca fun a ese sitio (nin ganas que tiña e menos as que vou a ter). Hai que ser cara dura pra cobrar o que cobran presumindo de calidade e estar intoxicando á xente.

e agora en serio, servídevos unha que invito eu, que non tódolos días se cumpren 21 anos.
__________________
irmandiño esta offline   Responder Con Cita
Respuesta

Herramientas
Desplegado

Normas de Publicación
You may not post new threads
You may not post replies
You may not post attachments
You may not edit your posts

BB code is habilitado
Las caritas están habilitado
Código [IMG] está habilitado
Código HTML está deshabilitado

Saltar a Foro


La franja horaria es GMT +2. La hora actual es: 22:29.


Powered by: vBulletin® Versión 3.8.4
Derechos de Autor ©2000 - 2018, Jelsoft Enterprises Ltd.
Traducción vB3.6 por favits.